Xoana de Castro

Detrás das revoltas, xunto ao Bernal Yáñez de Moscoso.

  • Nome Xoana de Castro
  • Século XV
  • Foi Nobre
  • Nai de Bernal Yáñez de Moscoso, co que participou no levantamento contra o arcebispo Rodrigo de Luna e, probablemente, na posterior captura e cautiverio de Alonso de Fonseca en Vimianzo, o sucesor da cátedra compostelana. Un episodio estreitamente vinculado co inicio da Gran Guerra Irmandiña.

    Xoana era de familia nobre, vinculada por parentesco coa coroa castelá e a catalano-aragonesa. Casada con Rodrigo de Moscoso e Limia, señor de Altamira e Monterrei, compartiu con este o labor de organizar e consolidar unha linaxe que xogaría un papel destacado no s.XV. Foi unha figura feminina relevante e influínte da Baixa Idade Media galega.

Algo non funciona ben?