A partir dos resultados das intervencións anteriores, deseñamos un programa de actuacións encamiñadas a descubrir, estudar e restaurar o recinto intramuros da fortaleza e os sectores externos máis próximos: a antemuralla ou falsabraga e a zona de canalizacións hidráulicas.
O obxectivo final da intervención foi o acondicionamento e posta en valor do castelo. Ademais do tratamento das estruturas e o análise dos novos resultados, incorporamos os novos datos ao estudo final do castelo, a partir do cal elaboramos os seguintes materiais de divulgación.
Achégate á historia do castelo do xeito que prefiras: explora os mapas, coñece aos personaxes que influiron nela, os obxectos que atopamos... A web está preparada para que poidas vela dende calquera dispositivo, polo que podes achegarte ao xacemento e acceder aos contidos dende o teu móbil ou tableta.
Es arqueólogo/a ou tes coñecementos técnicos? Tes á túa disposición materiais e contidos específicos no mapa e no arquivo técnico: memorias técnicas, planos e alzados, resultados da prospección arqueolóxica da zona...
Unha guía útil polos puntos clave da historia da fortaleza: a súa forma, función e sentido.
Podes adquirila de balde nos centros socioculturais de Santiago de Compostela ou descargalo en distintos formatos e linguas. Tamén poñemos á túa disposición o tríptico explicativo que inclúe o mapa de acceso.
Podes descargalos dende aquí:
Unha representación dun lugar e un período claves na historia de Galicia realizada desde unha perspectiva actual.
O logotipo concentra todo aquelo que fixo particular o castelo de Rocha Forte: o medievo galego, a fortaleza –case– inexpugnable, a violencia que a rodeou. Na publicación son apreciables referencias a manuscritos propios daquel tempo, actualizando códigos e recursos para facilitar unha lectura cómoda e amena.