Trala morte de Berenguel de Landoira, a cidade de Santiago permanecerá durante varias décadas baixo o poder do arcebispo Martiño Fernández, quen concede ao seu sobriño o feudo de varias freguesías e envía ás súas tropas en apoio da campaña do rei Afonso XI contra o reino nazarí de Granada. O arcebispo falecerá, vítima da peste, durante outra das campañas militares nas que apoiou ao rei: no asedio de Algeciras en 1343.
En Compostela, o conflito entre a burguesía e o mandato arcebispal segue sendo tanxible e reavivarase co nomeamento do novo sucesor: Pedro V, que se vé obrigado a refuxiarse no castelo e a fuxir a Noia nalgunha ocasión.
Poucos anos máis tarde, varios abades e priores dos mosteiros da diócese do arcebispo Gómez Manrique, reuniranse con el no castelo da Rocha pedindo apoio para recuperar propiedades e rentas que lles foran arrebatadas...