O castelo máis grande de Galicia

Necesidades estratéxicas do señorío de Santiago de Compostela.

Durante a Idade Media, os castelos foron o elemento principal da articulación económica e social: eran o símbolo do poder dos señores feudais e unha ferramenta ao servizo dos intereses da nobreza. Ergueito contra a década de 1240 polo arcebispo Xoán Arias, o castelo da Rocha foi concibido como baluarte militar pero tamén como residencia.

A súa localización é unha das cousas que, posiblemente, suscite máis curiosidade. O castelo erixiuse nun val, a carón do río Sar e do rego do Vilar, e non nalgunha das montañas que circundan Compostela. Esta localización non é, dende logo, accidental, e responde ás necesidades estratéxicas que o señorío de Santiago tiña nalquel entón. 

Hai poucos estudos acerca do rol económico e social que desempeñaban os castelos en Galicia na Idade Media, máis ben, existe un gran baleiro informativo. Xa só o preito Tavera-Fonseca recolle preto de cen fortalezas ou torres na nosa comunidade, pero temos un coñecemento moi parcial delas. Mesmo dos exemplos máis coñecidos, carecemos de publicacións exhaustivas sobre todos os traballos realizados.

Algo non funciona ben?