Habería que agardar ao s. XXI para reverter o abandono da Rocha Forte. A asociación veciñal turrou para que as institucións iniciasen a recuperación e posta en valor das ruínas do castelo.
O primeiro paso foi a publicación dun excelente libro por parte dun equipo de medievalistas da Universidade de Santiago de Compostela. O seguinte chanzo foron sucesivas campañas de escavación arqueolóxica, dende o ano 2002, grazas a convenios entre a USC, o Concello e o Consorcio da Cidade.
Agora, nesta nova fase iniciada en 2013, a ciencia, a administración e a comunidade local conseguiron que esta paisaxe ausente da Rocha Forte fose unha presenza ao servizo da cidadanía que quere coñecer o seu pasado.
Se queres saber máis sobre algunha das intervencións, podes consultar a sección O proxecto e acceder a toda a documentación do arquivo técnico.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe de Enmacosa.