A chegada de Berenguel: as revoltas urbanas

O novo arcebispo acude para tomar o control do señorío e a igrexa de Compostela, mais non é ben recibido pola burguesía.

O papa Xoán XXII inicia un proceso de centralización administrativa en Europa e elixe a Berenguel de Landoira como arcebispo de Compostela. O novo prelado é un dominico francés, Mestre Xeral da Orden dos Predicadores, e unha figura relevante na corte papal. Berenguel conta con apoio real, pontificio, diñeiro, experiencia... e este será precisamente o seu problema: será o primeiro arcebispo, dende Xoán Arias, que teña capacidade real para tomar o control do señorío e da Igrexa de Compostela. 

Por aquela época, os burgueses da vila compostelana procuraban escapar do control feudal da Igrexa e converterse en cidade de reguengo, polo o novo arcebispo non foi ben recibido. A súa resposta ao mandato papal foi o inicio dunha revolta urbana que lle impediu entrar na cidade.

En novembro de 1318, cando Berenguel chega a Compostela (a capital diocesana) para tomar posesión do seu cargo, o levantamento urbano consegue que se vexa obrigado a refuxiarse un tempo nas torres arcebispais de Pontevedra e no castelo de Rocha Forte, máis preto da vila. Así, a fortaleza convértese na residencia principal do arcebispo e tamén no centro das operacións militares contra os sublevados.

Algo non funciona ben?