Roi do Aido

Carreteiro e criado do último casteleiro da Rocha.

  • Nome Roi do Aido
  • Século XV
  • Foi Carreteiro
  • Campesiño de Santa María de Luou, que viviu entre o s. XV e o XVI, declarou no preito Tavera-Fonseca cando tiña ao redor dos 80 anos. Criado do derradeiro casteleiro da Rocha, fillo dun soldado, viviu de cheo a Gran Guerra Irmandiña e puido participar nela vendo o coñecemento que demostra a súa declaración. Ademais de campesiño, Roi era carreteiro e é moi posible que colaborara no traslado de víveres e proxectís de catapulta para a Irmandade que asediou o castelo. 

    Os carreteiros eran figuras clave para o abastecemento de Santiago. Os produtos proviñan das terras circundantes e eran principalmente cultivos do agro, pero tamén leña, pedra, peixe e sal, que viñan da costa a través de Padrón ou de Noia. Decorrendo polo entramado de camiños que unía Santiago coas vilas e fortalezas do señorío, facendo o transporte en grupos e usando carros similares aos utilizados na Galicia tradicional até hai pouco tempo, formaban parte dun pouco eficiente e lento sistema de transporte terrestre.

Algo non funciona ben?