Muller da burguesía compostelá na fin da Idade Media. Foi a segunda muller de Álvaro Sánchez Dávila, o derradeiro casteleiro da fortaleza da Rocha.
Os seus matrimonios con dous rexedores de Compostela, Juan Castellano e Sánchez Dávila, e os vencellos familiares con persoeiros coma Lopo Gómez de Marzoa evidencian que pertencía a unha acaudalada e influente familia de Compostela.
No seu testamento aparecen reflectidas algunhas das súas posesións na cidade, entre as que figuran varias casas nas principais rúas do tempo, como a do Vilar ou a da Moeda Vella.