Diego Gonçalves

Un armeiro na casa do arcebispo.

  • Nome Diego Gonçalves
  • Século XV
  • Foi Armeiro
  • Armeiro do arcebispo Lope de Mendoza. Representa un oficio moi especializado, dentro do amplo abano artesanal da Compostela baixomedieval. Vivía na cidade, na casa do arcebispo, unha mostra inequívoca da condición militar que os prelados tiñan nesta época.

    O seu apelido denota orixe foránea, unha procedencia que non debe estrañarnos nun especialista tan requirido como o encargado da fabricación das armaduras, elmos ou espadas. Nin tampouco que sexa portugués, dadas as relacións económicas e artísticas que Galicia matiña con Portugal a fins da Idade Media.

Algo non funciona ben?