Capitel gótico

Arte francesa e arquitectura militar no mesmo edificio.

Capitel gótico

Os castelos medievais axiña deixaron de ser recintos para protexer a poboación indefensa en caso de perigo para convertérense en símbolo do poder señorial e ferramenta ao servizo dos intereses de clase.

Ergueito contra a década de 1240 polo arcebispo Xoán Arias, dende a súa orixe foi concibido como baluarte pero tamén como residencia do mitrado compostelán. Xoán Arias promocionou abundantes obras como o proxecto inacabado de catedral gótica ou a reforma do refectorio de Xelmírez, e contou con mestres arquitectos de orixe francesa como Pedro Beneth, introdutores da arte gótica en Galicia.

O castelo-residencia da Rocha estaba dotado de elementos civís que facían as estancias militares máis cómodas: torre da homenaxe dotadas de lareiras e cociñas, salóns pacegos, servizos hixiénicos, capelas e detalles ornamentais, como este capitel aparecido nas escavacións arqueolóxicas. Este capitel con motivos vexetais (xunto con perpiaños con volutas e molduras) é un exemplo da introdución da arte gótica de influencia francesa na arquitectura militar e civil dos señores feudais galegos.

Algo non funciona ben?