Como chegar

Acceso ao castelo da Rocha Forte, entre Santiago e O Milladoiro.

Coche Bus Pe

Como chegar en bus

Toma a liña de bus L5 en dirección á Rocha e báixate na última parada: A Rocha Vella.
Dende alí, diríxete cara a rotonda que hai xusto antes da parada e toma a rúa de Serafín Zas. Aos poucos metros, baixa pola rúa do Piñeiro virando sempre á dereita para chegar ao castelo.

Como chegar en coche

A fortaleza está a carón do Viaduto da Rocha. Para chegar a ela en coche, debes circular en dirección ao Milladoiro e tomar o desvío á Rocha Vella que hai xusto ao terminar a ponte.
Unha vez collas a costa abaixo do desvío, diríxite pola primeira saída (rúa do Churruchao) até unha nova rotonda. Colle de novo a primeira saída (rúa de Serafín Zas) e logo diríxete de seguido á dereita pola rúa do Piñeiro para chegar ao castelo.

Accesos ao viaduto

Dende Santiago, podes tomar a Av. de Xosé Filgueira Valverde, Av. de Antonio ou a Rúa da Volta do Castro, viais que dan acceso á rotonda de Volta do Castro e, a continuación, ao viaduto en dirección ao Milladoiro.
Tamén podes chegar a el a través da N-550 (procedente de Pontevedra), a autoestrada AP-9 ou a autovía de Noia AG-56.

Como chegar camiñando

Podes acceder a pé ao castelo seguindo o itinerario do Camiño Portugués (Camiño de Santiago) para chegar ao núcleo da Rocha Vella.
Dende alí, segue a rúa de Serafín Zas (que une A Rocha Vella e A Rocha Nova) e segue pola rúa do Piñeiro ata o castelo.
Algo non funciona ben?