Unha Irmandade para saír do mandato arzobispal

Os continuos abusos dos señores feudais orixinaron alianzas entre cidades e cabaleiros.

O incremento dos delitos señoriais, cometidos por xente como o casteleiro da Rocha, conduciu a unha progresiva concienciación popular da necesidade de xustiza antiseñorial. Isto levou aos cidadáns a crear, en 1458, unha Irmandade para sacar á cidade de Santiago e outras do señorío do mandato do arcebispo de Rodrigo de Luna. 

As alianzas entre cidades e cabaleiros deron lugar a unha guerra, durante a que o castelo foi cercado e atacado, e que é coñecida como a Gran Guerra Irmandiña. A insurrección xa se fora fraguando dende tempo atrás. Os irmandiños foron unha comunidade de agraviados, que chantaron campamentos de asedio diante das fortalezas señoriais e cuia ideoloxía se baseaba en dous puntos fundamentais: 

  1. O señor non garante a xustiza.
  2. O señor é un malfeitor ou protexe malfeitores: «se posieran contra los caballeros y señores del dicho Reino porque traían en su compañía e casas ladrones e malfechores e robadores e personas de malbibir, contra los caballeros y señores del dicho Reino porque les azan muchas opresiones».

O estudos dos delitos cometidos dende as fortalezas, nesta etapa, poñen de manifesto a radicalidade da situación no rural. Deles tamén se deduce que o campesiñado é o sector social máis afectado por eles abusos e que, por iso mesmo, protagoniza de xeito sobranceiro o cambio de rumbo das Irmandades cara a unha postura máis radical, que remata co desmochamento dos castelos.

Algo non funciona ben?