Figura nobre e militar que, entre outros títulos e señoríos, foi conde de Lemos e Sarria. Ocupou o posto de pertegueiro maior da Terra de Santiago mentres era arcebispo Berenguel de Landoira.
Home de confianza do rei Afonso XI, participou na batalla do Río Salado e na toma de Alxeciras, ao mando das tropas do arcebispo e xunto a Martín Fernández da Limia.
Foi soterrado na catedral de Santiago, concretamente no trascoro.