Cabaleiro xefe da Irmandade no centro de Galicia, en especial no señorío de Santiago, onde partipou activamente na destrución do castelo. Tamén sería, ao cabo, o que sufriría unha das derrotas que significaron a fin da revolta Irmandiña: na Almáciga, ás portas de Compostela.
Era fillo de Pedro Álvarez de Osorio, señor de Villalobos e conde de Trastámara, e estaba vencellado por matrimonio á familia dos Moscoso.