Nobre galego, cabaleiro da familia dos Churruchaos, asentada nas terras do Deza.
Responsable militar da cidade e do castelo da Rocha, liderou as primeiras revoltas dos burgueses composteláns contra o arcebispo Berenguel de Landoira.
Foi asasinado no castelo polos homes do arcebispo a canda outros once líderes das revoltas cando ían negociar a paz co prelado.