Alonso II de Fonseca

O último arcebispo de Compostela con poder militar.

  • Nome Alonso II de Fonseca
  • Século XV
  • Foi Arcebispo de Santiago
  • De orixe noble, pero non galega senón castelá, foi nomeado arcebispo de Santiago no 1460, aínda que compartiu temporalmente o poder co seu tío Afonso I de Fonseca, arcebispo de Sevilla, quen se encargou de arranxar a situación conflitiva que había en Compostela trala destrución do castelo e o convulso mandato de Rodrigo de Luna.

    Ao ano seguinte, debía ocupar efectivamente o seu posto aínda que se negou a abandonar Sevilla. De aí a coñecida frase: «quen foi a Sevilla, perdeu a silla». No 1462 sofre prisión en Vimianzo e deberá exiliarse temporalmente. Finalmente, rexentou a cátedra arcebispal en Compostela ata o 1507.

    É un dos persoeiros claves no bando nobiliar que se enfrentará aos Irmandiños, e o derradeiro arcebispo con poder militar. Do seu labor construtivo falan a Torre do Estribo da catedral, hoxe Torre do Reloxo, e algún pazo na cidade. Completou a destrución do castelo da Rocha, despois do ataque dos Irmandiños, trasladando de boa parte dos perpiaños para a reconstruír o castelo do Pico Sacro.

Algo non funciona ben?