Dados de óso e cerámica

Arte nas trincheiras: como matar o tempo na guerra.

Dados de óso e cerámica

Nos conflitos militares antigos e contemporáneos documéntase unha prática moi común entre os soldados, a chamado trench art, isto é, a arte da trincheira. Un asedio de anos a unha fortaleza como A Rocha daba lugar a moitos tempos mortos, e a inactividade mina a moral da tropa.

A arqueoloxía permite documentar os pasatempos improvisados polos soldados, xa for nun acampamento romano, na fronte da guerra civil española ou na defensa do castelo da Rocha Forte. No castelo téñense atopado fichas de xogo que reutilizan anacos cerámicos de fabricación local e mesmo de importación. Tamén se exhumaron dados feitos a navalla en ósos de animais.

Sabemos que Compostela, destino de peregrinos de toda Europa, era tamén un santuario para os tafures e apostadores-impostores. O xogo era unha constante nas fortalezas medievais, de feito, en paredes e parladoiros de castelos galegos aparecen gravados decote taboleiros de xogo. Moitos destes entretementos lúdicos chegaron a Europa occidental pola ruta das especias e polas Cruzadas.

  • Dado I

    Dado I

    Imaxe do equipo da escavación. 

  • Dado II

    Dado II

    Imaxe do equipo da escavación. 

Algo non funciona ben?