Alfinetes e apliques

Se era un establecemento militar... de quen é isto?

Alfinetes e apliques

Na Baixa Idade Media primaba unha sociedade patriarcal que enaltecía os valores varonís vencellados co mundo da guerra. A excepción das raíñas e donas nobres, ferramentas para a reprodución social da liñaxe (dotes, herdanzas), as mulleres apenas se visibilizan nos documentos e nos restos materiais.

Nun establecemento militar como Rocha Forte semella normal que apenas existisen mulleres. Pero obviamente as cousas non eran así. No espazo entre a segunda e a terceira cerca do castelo, as fontes escritas definen aquilo coma unha feira, coma unha cidade con casas e casais. As familias labregas garantían a subsistencia dos habitantes do castelo. As actividades domésticas de mantemento e servicio estaban encomendadas a mulleres.

Tamén sabemos da presenza dunha actividade moi vencellada cos soldados como é a prostitución. Ademais, entre os malos usos levados a cabo pola gornición da Rocha e que serviron de detonante para a revolta irmandiña, coñecemos os casos de secuestros e violacións de rapazas da contorna. Este alfinete que descubriron os arqueólogos, sería propiedade dunha criada, dunha prostituta ou de dona Inés García, a esposa do último casteleiro da Rocha?

  • Aplique I

    Aplique I

    Imaxe do equipo da escavación. 

  • Aplique II

    Aplique II

    Imaxe do equipo da escavación. 

  • Fibela I

    Fibela I

    Imaxe do equipo da escavación. 

  • Fibela II

    Fibela II

    Imaxe do equipo da escavación. 

Algo non funciona ben?