A catedral-fortaleza de Santiago

Símbolo do poder militar que tiña a Igrexa.

O castelo de Rocha Forte era a proxección exterior da catedral-fortaleza de Santiago, a verdadeira cabeza eclesiástica, administrativa e militar do señorío dos arcebispos de Compostela. Ao longo dos s.XIII e XIV comezan a facerse novas construcións nela para mellorar a súa capacidade defensiva. Estes cambios foron iniciados polo arcebispo Rodrigo de Padrón, pero acentuáronse especialmente con Berenguel de Landoira

A diferenza entre as modificacións dun e outro arzobispo é tamén simbólica, xa que Berenguel dálle un verdadeiro carácter ofensivo, construindo dunha serie de torres situadas estratexicamente para protexer o edificio e reforzar a súa imaxe de poder con respecto ao exterior. Mentres que Rodrigo de Padrón tentou mellorar a proteción da basílica e os seus tesouros, Berenguel converte a catedral nun verdadeiro alcázar e pasa da defensa pasiva á activa.

A construción do alcázar compostelano non é un feito illado, senón que se reflicte tamén noutras catedrais do momento, como a de Tui. Tamén responde aos cambios que se estaban a dar na arquitectura militar: o paso da fortaleza románica á gótica e á defensa activa, que supuxo unha serie de reformas ou substitucións nos castelos galegos da época.

Algo non funciona ben?