O castelo contaba cunha complexa arquitectura hidráulica para dispoñer de auga de forma autónoma respecto ao exterior. Este era un factor fundamental, sobre todo en tempos de guerra durante os que non se podía saír da fortaleza. A auga era necesaria para consumo humano e dos animais, e tamén en caso de incendio, xa que era unha das formas máis habituais para derrubar castelos.
Existen outras dependencias das que temos noticias, directas e indirectas, como as cortes dos cabalos, necesarias tendo en conta a súa función bélica e doméstica. Ao parecer, as cortes estaban nun dos lados do patio de armas, situadas entre a torre da homenaxe e a porta de entrada ao castelo.
Nesa zona habían de estar tamén as dependencias para os soldados, dos acuartelados no castelo e dos que acudían de reforzo en tempos de conflito. Esta área incluiría unha cociña e un comedor aínda que, no ámbito militar daquela, o espazo de xantar non necesitaba de moitos requerimentos. Probablemente, tamén existira un forno.
Imaxe de Enmacosa.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe do equipo da escavación.
Imaxe de Cenlitrospormetrocadrado.
Imaxe de Enmacosa.