As clasificacións

  • O contexto é conxunto de circunstancias e feitos que crean ou condicionan un nivel arqueolóxico. Por exemplo: un nivel de queimado no interior dunha lareira tería un contexto doméstico, pero un nivel de queimado sobre un muro caído, consideraríase contexto de destrución.
  • O tipo refírese a depósito, estrutura, corte e interface, ademais do depósito de formación non antrópica.
  • A estrutura é a construción humana, e cando se menciona un depósito como un tipo de estrutura refírese a unha acumulación de material (terra, pedras...) que non ten nin unha forma definida nin unha funcionalidade clara, pero si unha evidente formación antrópica.
  • O uso refírese á función dun obxecto: unha cerámica moi decorada non se adoita utilizar para cociñar e por iso aparecerá como mesa no apartado de uso. Cando os elementos non teñen un único uso, a persoa que realiza o estudio asigna como mellor entende. Cando resulta imposible asignar un uso concreto, empregamos o uso indeterminado. Se a peza está en tal mal estado que non podemos determinar un uso concreto aplicamos a categoría sen datos.
  • A forma é a realización concreta con que se presenta un determinado elemento cerámico, con características propias que a diferencian doutros tipos. Por iso atopamos termos como ola ou tixola que definen o aspecto exterior do elemento pero non a súa función.
  • Nesta segunda acepción, o tipo de descrición sería o conxunto de materiais cerámicos que presentan características comúns. Os tipos responden a convencións maioritariamente aceptadas na arqueoloxía.
  • tradición é o conxunto de trazos permiten definir a orixe ou as influencias dun determinado elemento cerámico. 
Algo non funciona ben?