O castelo da Rocha foi residencia arcebispal, refuxio en tempos de guerra, punto de control comercial, bastión militar... Descubre todo o que aconteceu entre os seus muros dende o seu nacemento até hoxe.
XIII
1238: O papa nomea a Xoán Arias arcebispo de Santiago
A primeira referencia ao castelo de Rocha Forte é do ano 1253, pero é moi posible que a súa construción sexa anterior.
As constitucións capitulares indican que o castelo xa estaba habitado
O arcebispo fai testamento e sinala o castelo como ben da mesa arcebispal
O rei Afonso X apodérase temporalmente do castelo no 1280
XIV
O papa designa a Berenguel de Landoira arcebispo de Santiago no 1317
O novo arcebispo acude para tomar o control do señorío e a igrexa de Compostela, mais non é ben recibido pola burguesía.
Tralo primeiro asedio ao castelo, o arcebispo executa os líderes da revolta.
Berenguel reconstrúe o castelo e reforza a arquitectura militar da cidade
Trala morte de Berenguel, o papa nomea arcebispo a Martiño Fernández
Coa loita pola sucesión do trono de Castela, entran en xogo novas forzas que contribúen á inestabilidade en Galicia.
Guerra civil entre Pedro I e Henrique de Trastámara (1366-69)
As tropas do duque de Lancaster entran pola Coruña e invaden o noroeste peninsular
1388: Asínase o Tratado de Bayonne que remata a guerra polo trono de Castela
XV
1455: Nomean a Álvaro Sánchez Dávila casteleiro da Rocha
Os continuos abusos dos señores feudais orixinaron alianzas entre cidades e cabaleiros.
Composteláns, campesiños, cabaleiros e eclesiásticos reúnense en Santa Susana, unha carballeira ás portas de Santiago, e marchan contra o castelo.
1472: Comezan a desmantelarse os muros da fortaleza
A destrución provocada polos Irmandiños e o posterior espolio sistemático borrárono, case literalmente, da face da terra.
1489: Morre Sánchez Dávila, o último casteleiro da Rocha
XVI
Un documento que recolle as lembranzas de 183 persoas que viviron antes da destrución e o espolio do castelo.
XIX
1860: Estudos previos á construción do camiño de ferro
1873: Inaugúrase o ferrocarril Cornes-Carril
Buscadores de tesouros, eruditos e enxeñeiros ferroviarios: a loita polo potencial da Rocha.
1886: Bernardo Barreiro inicia as súas exploracións arqueolóxicas
XX
Roubo nunha xoiería de Santiago. O botín foi agochado nas ruinas da Rocha
Refuxio de fuxidos durante o franquismo
Un grupo de falanxistas asasina nas ruínas do castelo a Eduardo Puentes, O Nécoras
1962: Instalación da torreta de FENOSA
XXI
2001: Comezan as intervencións no lugar do castelo
Culminan no ano 2013 co Proxecto arqueolóxico para o estudo, recuperación e posta en valor da Rocha Forte.