Cabaleiro dunha importante familia noble galega e de raigaña local: os Moscoso. Foi pertigueiro maior da Terra de Santiago e un dos líderes do levantamento compostelán contra o arcebispo Rodrigo de Luna, no primeiro asedio á Rocha.
Posteriormente apresou a Alonso II de Fonseca, arcebispo sucesor de Rodrigo de Luna, no castelo de Vimianzo.