• A torre da homenaxe

    Arrasada e desmontada pedra a pedra: o símbolo do castelo.

    A torre da homenaxe era o núcleo do castelo e a súa peza clave, tanto a nivel funcional como simbólico. As testemuñas do preito Tavera-Fonseca falan dunha torre cadrada e de grandes dimensións, feita con perpiaños de granito e con catro pisos ou niveis cubertos por bóvedas, que lle daban...

  • O misterio da capela

    Restos materiais e ningunha estructura visible.

    Segundo as testemuñas do preito Tavera-Fonseca, unha das edificacións da fortaleza é unha capela dedicada a Santa Eufemia. Pero no documento ninguén cita a súa localización precisa, nin as súas características, e só se menciona a súa relación cunha das torres do castelo. Os...

  • Canais, alxibes e outras dependencias

    Subministro de víveres en tempos de guerra.

    O castelo contaba cunha complexa arquitectura hidráulica para dispoñer de auga de forma autónoma respecto ao exterior. Este era un factor fundamental, sobre todo en tempos de guerra durante os que non se podía saír da fortaleza. A auga era necesaria para consumo humano e dos animais, e...

  • A dobre muralla

    Protección contra os avances tecnolóxicos das armas.

    As dependencias do castelo estaban protexidas por un forte recinto amurallado, que tiña a entrada principal situada na cara noroeste. A muralla tiña catro torres circulares (unha en cada unha das esquinas) e tres torres cadradas, unha en cada un dos muros, agás no noroeste, no que se atopaba...

  • O castriño de Conxo e os petróglifos

    Símbolos, puñais e alabardas a carón da estrada.

    O castriño de Conxo está situado entre a Rocha e a cidade de Santiago, na parroquia Santa María de Conxo, á beira da N-550 (saída de Santiago en dirección Pontevedra), a carón da rúa Volta do Castro.

    É un establecemento da cultura castrexa, típica da Idade do Ferro no noroeste da...

  • A catedral-fortaleza de Santiago

    Símbolo do poder militar que tiña a Igrexa.

    O castelo de Rocha Forte era a proxección exterior da catedral-fortaleza de Santiago, a verdadeira cabeza eclesiástica, administrativa e militar do señorío dos arcebispos de Compostela. Ao longo dos s.XIII e XIV comezan a facerse novas construcións nela para mellorar a súa capacidade...

  • O refuxio

    Un castelo concéntrico sobre penedos de granito.

    Rocha Forte é a versión local dun tipo de fortaleza coñecida como castelo concéntrico, deseñado polos cruzados franceses para o control do territorio conquerido en Terra Santa. Seguindo este modelo, incorpora e potencia elementos defensivos como as cercas concéntricas ou a liza e a división...

  • A guerra de asedio

    Catapultas, bombardas e enganos para facerse co castelo.

    As Gesta Berengari, en galego  Feitos de Berenguel , permítennos saber como funcionaba o castelo durante a guerra. Así, na desputa entre o arcebispo e os cidadáns, aprendemos que esa guerra se baseaba principalmente no asedio a enclaves fortificados, ben sexan cidades ou vilas, fortalezas...

  • O castelo máis grande de Galicia

    Necesidades estratéxicas do señorío de Santiago de Compostela.

    Durante a Idade Media, os castelos foron o elemento principal da articulación económica e social: eran o símbolo do poder dos señores feudais e unha ferramenta ao servizo dos intereses da nobreza. Ergueito contra a década de 1240 polo arcebispo Xoán Arias, o castelo da Rocha foi concibido...

  • O símbolo do poder

    Un castelo monumental e multifuncional para controlar o territorio.

    O castelo ergueuse cunha función clara: o dominio señorial do territorio. A súa localización, a poucos quilómetros da sé apostólica, converteuno en residencia arcebispal de urxencia en momentos de crise. Un lugar onde facer fronte á agresión ou oposición dos composteláns. Pero A Rocha...

  • O mar e o comercio

    A Rocha: encrucillada de camiños. O río Ulla e a conexión coas Rías Baixas.

    Evidentemente o da Rocha non é un castelo marítimo, mais non se pode entender sen a súa conexión coas Rías Baixas. A mitra compostelá ergueu este monumento para defender os seus intereses políticos con respecto ao concello santiagués, pero tamén para rendibilizar os beneficios...

  • A Coroa e os abusos de poder

    Os malos hábitos da nobreza foron casus belli no primeiro asedio.

    Como nestes comezos do s. XXI, o s. XIV foi tamén unha época de fonda crise económica debido, en parte, ás mortes por milleiros que deixou a peste negra. En todo o Reino de Castela e León, a situación agravouse coa inestabilidade política e a guerra civil que entronizou a dinastía dos...

Algo non funciona ben?